CD Los Rosales EPB 20 – CD Calasanz 0

 

Pre Mini Basket 12

Partido gañado para os nosos benjas, pero non por mérito propio, se non, porque o rival presentou unicamente a 5 xogadores. O resultado real sería o seguinte: EMILIA PARDO BAZÁN 14 – CALASANZ 24 . Así é, 10 puntos separáronnos no marcador do rival.

O ver que soamente había cinco xogadores no outro equipo, e o coñecer que como mínimo se necesitan sete para poder optar a gañar o partido, foi algo que fixo ao equipo saír acougado desde o segundo un ao campo, cousa que xogou na nosa contra totalmente.

Habituados a ver a unxs auténticxs peleonxs, hoxe, non foi o que demostramos en pista. Vale que o outro equipo fóra un tanto superior a nós (que o era), pero iso non é xustificación para non saír a pelexar o partido.

Dixémolo: podemos facer moito máis do que hoxe estamos a demostrar, só temos que saír con ganas e concentrados.
Non pasa nada por ter un partido malo, a TODO o mundo pásalle, iso si, non podemos permitirnos o que nos pase máis. O resultado non é importante, pero si é crucial a actitude.
Unha vez máis, como sempre, e fóra do ocorrido hoxe en pista: grazas a estes peques por loitar sempre tanto, e sobre todo, por facer tan bonito este deporte. Son incribles.

Grazas tamén a familiares e amigxs, que nos apoian e animan sempre.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#bvasesores #cdrosales #baloncesto🏀 #preminibasket