Club Santo Domingo Betanzos 36 – BV Asesores Los Rosales 45

Cadete Feminino

Desprazáronse nesta ocasión as nosas mozas ata Betanzos para xogar contra as mozas de Santo Domingo.

Iniciamos o partido de forma acougada, en ataque soubemos levar moi ben o ritmo con movemento sen balón e co bo uso do man a man. O que o aro e o taboleiro fosen bastante duros xogou bastante na nosa contra, sobre todo nos tiros exteriores.

Soubemos subir o balón bastante ben despois do rebote, cousa que nos axudou tanto á hora de anotar, como á de conseguir faltas a favor.

En defensa, se se nos puido ver con menos intensidade que outras veces, marcando distancia, sen presionar tanto, pero con brazos abertos e pendentes de liñas de pase. Sabiamos que hoxe non era día para dar tanta intensidade a campo completo, por medo a cargarnos de faltas (cousa que fixemos igual).

O equipo soubo manexarse moi adecuadamente #ante a situación difícil do último cuarto, onde, dun minuto a outro, tiñamos de súpeto a tres das nosas xogadoras sentadas. No canto de vir abaixo, de deixar de defender ao verse moi próximas algunha que outra ás 5 faltas…seguiron traballando e esforzándose.

Parabén a cada unha delas por achegar tanto neste encontro.

Grazas unha vez máis, ao público que nos acompaña e anima sempre e onde sexa.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #cadetefeminino