Compañía de María Azul 26 – CD Los Rosales EPB 21

 

Pre Mini Basket 12

Terceiro partido dos nosos benjamines de segundo ano. O marcador reflicte moi ben o rifado que estivo o partido desde o primeiro momento, e como consecuencia disto, o bonito que foi de ver.
A cada fin de semana que pasa, estes nenos demostran que o esforzo dá resultados, e estes peques dano todo, tanto en entrenos como en partidos.

Se é certo que non puidemos volver a casa coa vitoria, con todo, loitouse en cada segundo.
En pouco tempo vimos grandes melloras nos nosos benjas, tanto en ataque, tendo máis confianza e aos poucos movendo mellor o balón, creando xogo en equipo, como en defensa, onde desde logo, sacamos todas as nosas forzas

Parabén a estes peques polo ben que xogaron, polas súas ganas, o seu esforzo e a alegría co que fan todo…valen ouro.

Grazas como sempre tamén e por suposto ao noso público…que sempre e en todo momento está aí animando e dándonos calor.
A seguir traballando, aprendendo, mellorando, e ante todo…a seguir pasándoo tan ben con este deporte!!!

¡1,2,3 E…mi…lia!

#cdrosales #CEIPEPBazan