Esclavas 70- Los Rosales EPB 19

 

Minibasket Femenino

O pasado domingo 28 de Novembro na pista do Agra2, nosas alevíns enfrontábanse a un equipo moi superior tanto física como tecnicamente e o resultado final era bastante previsible. No inicio, as nosas xogadoras saíron moi nerviosas e despistadas á pista. O feito de ter que pedir un tempo morto cando llevababamos 2 minutos de xogo, así o testemuña.

A desorde en ataque, a cantidade de balóns perdidos e non saber a quen se defendía,, fixo que o resultado nos dous primeiros sextos, reflectise un contundente 41-9 para as locais.

No terceiro e cuarto sexto, cos nervios máis tranquilizados, as nosas mozas souberon plantar cara a este gran equipo. 7-3 e 7-7 con xa unha certa orde ofensiva e sacando algunhas faltas en penetracións. Hai que seguir adestrando cun pouquiño máis de intensidade e saír a gozar máis nos partidos e seguro que virán máis alegrías.

1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #CEIPEPBazan