Montrove 73 – BV Asesores Los Rosales 65

Senior Masculino

Partido disputado o pasado 9 de abril as 19:00 en Mera
22-19, 15-11, 19-15 e 17-20.

Moi distinto foi este encontro do anterior fin de semana, competimos todos os cuartos e tivemos opcións de gañar ata o final.

Cando elevamos o ton defensivo todo cambia, volveu a funcionar a press sen axustes, pero o que nos sigue penalizando as excesivas voltas que lle damos ao ataque cando hai un primeiro tiro habilitado, teremos que ir pousando isto a medida que cada xogador madure o seu xogo de maneira individual e que todo sume un todo con máis experiencia.

Os resultados a falta dun partido, déixanos na quinta posición do grupo (de 6), empatado co cuarto (Montrove) e a 2 vitorias do 3 clasificado, con algo máis de experiencia escalaríamos posicións seguro.

Último partido do ano, 13 de abril, intentaremos saír deste cas mesmas sensacións do partido contra Montrove que a pesar do resultado foron positivas.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #senior