Santo Domingo Betanzos 66 – BV Asesores Los Rosales 42

Infantil Masculino

Este pasado sábado na difícil pista de Betanzos e a pesar das 6 baixas que presentaba o noso equipo, os infantís pelexaron moitísimo e fixeron un gran traballo a pesar do que pon o marcador.

Primeiro cuarto 14-9. Último cuarto 11-11. Foi só no segundo onde se escapou o equipo local.
Destacou a melloría tremenda na técnica defensiva. E a maior decisión ofensiva de moitos xogadores respecto a a ida.

Tamén estiveron máis centrados no xogo, e menos pendentes da arbitraxe, como debe ser sempre. A verdade que acabamos contentos co partido. Agora quedan dous partidos ante Xiria, nos que confiamos en que podamos ser recompensados tamén no marcador traballaremos para iso.

¡1,2,3 Ro…sa…les ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #bvasesores #baloncesto🏀 #infantil