Troula Betanzos F. S. 4 – Emilia Pardo Bazán 0

 

Fútbol Sala Prebenxamín

Semifinais de copa.

Moi contentos polo torneo de copa realizado, fixemos grandes partidos e a evolución do equipo dende o inicio foi moi positiva.

A semifinal tocounos contra un gran equipo, e quedou reflectido no marcador, pero temos que quedarnos ca actitude, o esforzo e con momentos de boas combinacións e algunhas boas xogadas individuais.

Hoxe temos que destacar a deportividade do Troula Betanzos, que despois de marcar un gol cando un xogador noso quedara lastimado na outra parte do campo, decidiron deixar que marcaramos gol para deixar o marcador ca mesma diferencia, un exemplo para todos os equipos da actitude e comportamento que debe predominar nestas categorías.

Tamén temos que felicitar ao noso xogador Leo, que este domingo quedou campión Galego de fútbol 8 prebenxamín co C.D. Calasanz. Noraboa.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala