Turismo Carballo Artai EBX 37 – BV Asesores Los Rosales 53

 

Senior Masculino

Debut do equipo Senior o domingo as 10:00 en Carballo cun resultado importante 37-53 para nós, por ser o inicio de temporada e polo rival que tiñamos enfrente, seguramente dos máis intensos do grupo.

Na primeira parte, con marcador moi baixo, penalizounos demasiado un 0 de 6 en tiros libres, que nos tiveran dado unha ventaxa no descanso, á volta deste fomos quen de asentarnos no partido, aproveitando certas ventaxas no xogo interior, dominando os rebotes defensivos e castigando por dentro, con canastras ou faltas que agora si entraban dende a liña de tiros libres. O feito de provocar xogo dentro sempre da algo máis de respiro aos exteriores para lanzar menos presionados, tamén houbo acertos por esa zona o que fixo un ataque máis perigoso e con máis desgaste defensivo para eles.

A diferencia final de +16, en absoluto reflicte a que hai entre equipos, sen densengancharnos do marcador en ningúm momento, estivemos a remolque do rocoso equipo carballés, chegando a estar 7 puntos abaixo mediado o partido, só nos últimos minutos conseguimos unha diferencia que consolidou o resultado final que a falta do próximo partido contra eles é unha boa vantaxa no caso de que ao final de temporada un basquetaverage poda decidir un posto na clasificación.

¡1,2,3 Ro…sa…les!