U.D.J. de Almeiras 2 – Emilia Pardo Bazán 1

 

Fútbol Sala Prebenxamín

Antes do inicio do partido, gardouse un minuto de silencio en memoria de Pablo Doval.

Partido moi igualado que se resolveu no último período no que o Almeiras foi ao inicio moi superior, poñendo unha diferencia no marcador que xa foi imposible de recuperar e que decantou o resultado global ao seu favor. Os tres primeros períodos foron moi igualados, resolvendose con un empate e unha victoria para cada equipo.

Seguimos crecendo, aumentando o número de pases que intentamos e reducindo o número de patadóns sen sentido, o que conleva máis riscos e máis oportunidades do rival, pero é o xeito de mellorar.
O que nunca decae, e non nos cansaremos de destacar, é a actitude positiva, o esforzo e o compromiso de todo o equipo e a deportividade ca que xogan, e todo apoiado sempre dende a grada polas familias, demostrando sempre a mesma actitude e deportividade que o equipo na pista.

¡1,2,3 E…mi…lia ⚫🔴⚫🔴!

#cdrosales #ceipepbazan #fútbolsala